Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de abril de 2002, en virtude da delegación da Alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da ampliación do solo empresarial Lalín 2000, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º, da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante el poida ser examinado polos interesados, e presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 10 de abril de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado