Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para adquisición dun tractor con rozadora.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición dun tractor con rozadora para o Concello de Barbadás, con tipo de licitación de 67.914,37 euros (IVE incluído), mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás (Ourense), ou por teléfono: 988 36 00 00.

Barbadás, 27 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado