Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ó Hospital Comarcal Barco de Valdeorras de Ourense. (SCS-26/2002) (22 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ó Hospital Comarcal Barco de Valdeorras de Ourense. (22 lotes).

Orzamento: douscentos trinta e unha mil setecentos setenta e tres euros, con IVE incluído. (231.773,00 euros, con IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Monitorización fetal10.040,00 euros

2Desfibrilador6.000,00 euros

3Lámpada de quirófano45.065,00 euros

4Monitor de presión arterial3.610,00 euros

5Equipamentos ORL8.410,00 euros

6Electrocardiógrafos7.210,00 euros

7Espirómetro3.000,00 euros

8Holter de ECG10.820,00 euros

9Mesa de partos12.620,00 euros

10Rinomanómetro3.610,00 euros

11Lámpadas de quirófano3.170,00 euros

12Equipamento electromédico
diversos servicios4.966,00 euros

13Videoduodenoscopio12.620,00 euros

14Equipamento endoscopias23.397,00 euros

15Eletrobisturí baixa potencia5.410,00 euros

16Cadeira uroloxía4.200,00 euros

17Lavador desinfectador de endoscopios12.020,00 euros

18Mesa cirúrxica electrohidraúlica34.860,00 euros

19Mobiliario clínico para diversos
servicios1.830,00 euros

20Angarellas4.155,00 euros

21Carros diversos servicios6.870,00 euros

22Vitrinas e armarios7.890,00 euros

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (C.P. 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratacion, ou chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 54 27 68, 54 73 87, e na copistería Copi Belén, c/ Rosalía de Castro, 29-31. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 99 24.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou ser enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores : os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos