Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago do Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material dun só uso para quirófano para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 24/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3.a) Lugar de entrega: no servicio de subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material dun só uso para quirófano, estructurada en cinco lotes. Véxanse puntos: 5 e 9.2º da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe: 323.655 (trescentos vintetrés mil seiscentos cincuenta e cinco euros), IVE incluído.

Duración: dezaoito meses, desde o 1 de xullo de 2002 ou data do asinamento do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos que se establecen na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades comunicadas polo servicio de subministracións do complexo hospitalario.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 20 de maio de 2002.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de maio de 2002.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 6.473,1.

Importe da garantía provisional por lotes: véxase punto 11.3 da folla de especificacións.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 22.456,2.

Importe da garantía definitiva por lotes: véxase punto 12.2 da folla de especificacións.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recibidas, facturadas e conformadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 25-10-2001.

17. Data de envío do anuncio: 18 de abril de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela