Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente C.P. 101/2002.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda dar publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos.

c) Lotes: véxase punto 3.2., do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 39, do 22 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (anticipada).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

745.255,01 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 27 de marzo de 2002.

b) Contratista: Segur Ibérica, S.A.

Total adxudicado: 728.838,58 A

Ferrol, 8 de abril de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol