Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se lles dá publicidade ós beneficiarios de axudas financeiras concedidas ó abeiro do Convenio Pemes-2001 con proxectos que superan os 50 millóns de pesetas (300.506 euros) de investimento subvencionable.

Mediante Resolución do 4 de maio de 2001 fíxose público o contido do convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para o apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas.

Este convenio asinouse co obxecto de establecer liñas de financiamento subsidiadas para as pequenas e medianas empresas, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

A cláusula 9.9 do dito convenio establece que as axudas concedidas ó abeiro do dito convenio que os ditos proxectos superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros) serán obxecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios de axudas financeiras, que figura como anexo, que o seu proxecto de investimento suvencionable supera os 50 millóns de pesetas (300.506 euros).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente: 1A/01.2091.0542.N.8736.

Razón social: Hogarlin, S.A.

Investimento subvencionable: 408.688,23 euros.

Préstamo subsidiable: 204.344,12 euros.

Puntos de subsidiación: 2,5.