Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes a resolución de expediente de incumprimento total de condicións de concesión de subvención, ó abeiro da Orde do 10 de xuño de 1999 pola que se establecen para 1999 as bases reguladoras da convocatoria das axudas da Iniciativa PEME de

Desenvolvemento Empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 116, do 18 de xuño de 1999):

Expediente: IF011.1999.1.176.

Titular: Amoedo Villar, Mª Jesús.

Enderezo: praza da Constitución, 7, baixo, 36800 Redondela (Pontevedra).

Acto que se notifica: Resolución do 13 de febreiro de 2002, de incumprimento total para un proxecto aprobado ó abeiro das bases reguladoras das axudas da Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial correspondente ó ano 1999.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Os expedientes completos atópanse na Subdirección de Programas de Axuda á Innovación da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para o coñecemento íntegro do acto referido.

A resolución de incumprimento total non esgota a vía administrativa e contra ésta poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no DOG.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica