Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 29 de abril de 2002, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica a resolucion de autorización do inicio do procedemento para a incautación das fianzas constituídas, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 do novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado sen que ésta se puidese practicar, notifícaselle á empresa co último domicilo coñecido que se relaciona no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vilagarcía de Arousa, a resolución dictada polo presidente de Portos de Galicia relativa á concesión administrativa outor

gada a Salustiano Vidal Cabanillas con destino á construcción de instalación de subministración de combustible de carburantes líquidos no porto de Portonovo, e que literalmente di:

«Por Resolución desta Presidencia do 11 de xullo de 2000 declarouse a caducidade da concesión administrativa outorgada a Salustiano Vidal Cabanillas por Resolución do 9-12-1997 na zona de servicio do porto de Portonovo, con destino á construcción dunha unidade de subministración de combustible ás embarcacións, coa conseguinte extinción do título concesional e perda da condición de concesionario, cesando tódolos dereitos e obrigas derivados do título.

Dado que a declaración de caducidade supón, de acordo co artigo 80.2º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e demais normativa concordante, a perda das fianzas constituídas, co número de rexistros 1575/1996 e 119/1998, sendo os importes respectivos de 253.585 pesetas e de 381.000 pesetas.

Esta presidencia, en virtude da delegación conferida por orde da CPTOPV, do 29 de xaneiro de 1996, artigo primeiro,

RESOLVE:

Autoriza-lo inicio do procedemento para a incautación das referidas fianzas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante, á escolla do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Notifíquese ós interesados».

Para que conste e sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 do novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

Interesado: Salustiano Vidal Cabanillas.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Tourón, 1-2º. 36600-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Intento de notificación: 11-4-2002.