Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2002 pola que se autoriza a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións temporais para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas instalacións aboiantes de atraque para embarcacións menores de 7ª lista (deportivas) no porto de Cangas.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións temporais para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas instalacións aboiantes de atraque para embarcacións menores de 7ª lista (deportivas) no porto de Cangas, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza Europa, 5-A, 6ª, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita en r/ Benito Corbal, nº 37, 3º, 36001 Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes é de tres meses e iniciarase o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia