Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Vizcaya (expediente 4337/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 11 de abril de 2002, acordou:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Biscaia, presentado pola sociedade Prenco-Vigo, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, con visado colexial do 8 de xaneiro de 2002.

Segundo.-Aprobar inicialmente a relación individualizada de bens e dereitos afectados pola execución da devandita vía, contida no proxecto, e declarar expresamente a necesidade de ocupación -implícita na aprobación do Plan xeral- dos referidos bens, para efectos do procedemento de expropiación que, se é o caso, se incoe para a execución da vía.

Os predios afectadas polas obras de urbanización son os seguintes:

Predio nºPropietarioSuperficie afección

1Prenco-Vigo, S.L.

R/ Jenaro de la Fuente, 6-7º

30,73 m

2Nugeprom, S.L.

R/ San Francisco, 57-4º ofic. 3

125,55 m

3José López Durán

Avda. Camelias, 104-4º C

40,87 m

4Francisca Leiros Nogueira

R/ Antela Conde, 7-3º esquerda

37,03 m

Terceiro.-Somete-lo acordo de aprobación inicial ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación individual ós propietarios dos terreos afectados así como ás empresas Unión Fenosa e Seragua.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 25 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo