Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, púxose en coñecemento do Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de abril de 2002, o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Sandiás (Ourense), ábrese un prazo de información pública, dun mes, desde a derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para que entidades e particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presentaren as propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Sandiás, 3 de maio de 2002.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa