Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 02/3407 do Servicio de Patri-

monio e Contratación).

Obxecto: subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2002.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 68.082,15 euros, desagregado en 17 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación dos lotes 7, 8, 9, 11, 12 e 17.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º . 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de abril de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña