Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte denominado Saída de Padrenda; Saída de Rozas; Calvelo; Outeiro; Gandarechán; Travesa e Chairas; Sampaio; Lodairo; Cotolongo; Lama que Treme; A Fraga; Buratiño; Montetoro; Outeiriño, a favor dos veciños da parroquia de Rubiás, no concello de Ramirás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar na cidade de Ourense, o vintesete de febreiro de dous mil dous, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Saída de Padrenda; Saída de Rozas; Calvelo; Outeiro; Gandarechán; Travesa e Chairas; Sampaio; Lodairo; Cotolongo; Lama que Treme; A Fraga; Buratiño; Montetoro; Outeiriño e por solicitude dos veciños da parroquia de Rubiás, do concello de Ramirás (Ourense).

Resultando que con data 28 de xaneiro de 1998 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños da parroquia de Rubiás, concello de Ramirás (Ourense), solicitando que se declare o monte Saída de Padrenda; Saída de Rozas; Calvelo; Outeiro; Gandarechán; Travesa e Chairas; Sampaio; Lodairo; Cotolongo; Lama que Treme; A Fraga; Buratiño; Montetoro; Outeiriño como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 30 de xuño de 1999, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores deste a Manuel Bouzas Costa e José Ramón Goyanes Flores, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Celanova, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños da parroquia de Rubiás, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Ramirás, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Ramirás, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo

secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Celanova, como segue:

Anotación preventiva letra A de iniciación de procedemento de clasificación da leira relacionada como monte veciñal en man común no folio 212 do libro 53 da sección de Vilameá no concello de Ramirás, leira nº 6.408, e en virtude desta, quedando anotado a favor dos veciños da parroquia de Rubiás.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais.

2. Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado.

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano.

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar da parroquia de Rubiás, no concello de Ramirás (Ourense).

Considerando que, á vista da planimetría achegada e posteriormente na vista de exame sobre o terreo, se comproba que na parcela Sampio, Lodairo, Cotolongo, e Lama que Treme na súa estrema sur, linda tamén co Concello de Celanova.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños da parroquia de Rubiás, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños da parroquia de Rubiás e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Saída de Padrenda; Saída de Rozas; Calvelo; Outeiro; Gandarechán; Travesa e Chairas; Sampaio, Lodairo, Cotolongo, Lama que Treme; A Fraga; Buratiño; Montetoro; Outeiriño, de 116 ha 22 a 00 ca, aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños da parroquia de Rubiás, no concello de Ramirás (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Ramirás (Ourense).

Denominación: Saída de Padrenda; Saída de Rozas; Calvelo; Outeiro; Gandarechán; Travesa e Chairas; Sampaio, Lodairo, Cotolongo, Lama que Treme; A Fraga; Buratiño; Montetoro; Outeiriño.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Rubiás.

Superficie: 1.162.200 m, en conxunto, aproximadamente.

* Saída Padrenda.

Superficie: 780 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: vía pública. Por debaixo da vía leiras particulares de: Arturo Pulido, José Rodríguez, hros. de Remedios Feijóo.

Sur: hros. de Gabriel Álvarez Marquina, Dolores Fernández Pérez, Manuel González e Josefa Román Yáñez.

Leste: Manuel Rodríguez Fernández.

Oeste: José Mosquera Vilachá.

* Saída de Rozas-Calvelo.

Superficie: 1.325 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño público, Jesusa Martínez Barreiro, Sergio Vázquez Fernández, Manuel Rodríguez González, Pilar Feijóo e irmáns de Francisco Mosquera, Jesusa Martínez Barreiro, Pilar Feijóo Rodríguez e irmáns

Sur: Benito Feijóo, hros. de Manuel Veloso, Manuel González Pardo, hros. de Jesús Martínez.

Leste: María Carmen Pérez Rocha, hros. de Emilia Rodríguez, hros. de Jesús Martínez, Manuel González Pardo.

Oeste: Carolina Pérez González e irmáns

* Outeiro de Rozas.

Superficie: 1.632 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Eligio Oliveira Estévez, hros. de Jesús Martínez, hros. de Manuel Vázquez.

Sur: Carmen Vázquez Fernández, José Rodríguez Yáñez.

Leste: camiño público, Carmen Vázquez Fernández, Manuel González Rodríguez, hros. de Jesús Martínez, Carolina Pérez e irmáns, hros. de Manuel Vázquez, Sergio Vázquez Fernández, Dolores Fernández Pérez, hros. de Benito Pérez Pérez, Carolina Pérez e irmáns

Oeste: hros. de Amando Pérez Pérez, Antonio Alonso Téllez, hros. de Enrique Pérez, Manuel Pérez, hros. de Jesús Martínez.

* Ganderachán.

Superficie: 118.975 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Antonio Alonso Téllez, José Benito Feijóo, María Carmen Pérez, Manuel Lorenzo Pérez, Marcial Feijóo, Carolina Pérez González y irmáns, Sergio Vázquez Fernández, Isaura García, hros. de Manuel Román, Antonio Alonso, Herminia Román, Manuel Lorenzo Pérez, Benito Pérez Seoane.

Sur: liña divisoria concello de Celanova, Camilo Vázquez, Isaura García, José Rodríguez Álvarez, Modesto García.

Leste: Pilar Seoane Rodríguez, Camilo Vázquez Domínguez, hros. de Florinda Domínguez, hros. de Nemesio Fernández, María González, hros. de Clemento Fernández, Antonio Alonso Téllez, hros. de Delmiro Vázquez Pérez, hros. de Julio Mera, María Fernández Ríos e irmáns de hros. de Clemente Fernández, María Fernández Ríos e irmáns de Antonio Alonso.

Oeste: Antonio Alonso Téllez, herdeiros de Antonio Vázquez F., María Fernández Ríos e herdeiros Carmen Vázquez Fernández, Evaristo Yáñez Fernández, herdeiros Nemesio Fernández Domínguez, José Benito Feijóo, Manuel González Pardo, herdeiros Fidel Pérez Veloso, herdeiros Amando Pérez.

* Travesa e Chairas.

Superficie: 110.500 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Pilar Montero Fernández, herdeiros José Guerrero, herdeiros Estrella Álvarez Lorenzo, herdeiros de José Benito Vieiro, Nieves Míguez Feijoó.

Sur: liña divisoria concello de Quintela de Leirado e Comunal de Riomolinos.

Leste: camiño público e herdeiros Manuel Domínguez, herdeiros Jesús Martínez Míguez, herdeiros Serafín Martínez, Manuel Pérez López, Benjamín Míguez López, herdeiros Delmiro Montero Rodríguez, herdeiros José Rodríguez, herdeiros José Benito Román, herdeiros María Iglesias, herdeiros Delfín Lorenzo, herdeiros Eulogio Novoa, herdeiros Dolores Domínguez Rodríguez, herdeiros Perfecto Domínguez Rodríguez, herdeiros Arsenio Domínguez, Manuel Álvarez, Eliseo Lorenzo Mera.

Oeste: liña divisoria concello de Quintela de Leirado e comunal de Riomolinos.

* Sampaio, Lodairo, Cotolongo, Lama que Treme:

Superficie: 822.843 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Manuel Fernández Guerrero, hros. de Eliseo Rodríguez, Carmen Vázquez González, Antonio Guerrero González, Manuel Fernández Guerrero, Josefa Lorenzo Veloso, José Vázquez, hros. de Manuel Román Fernández, hros. de Amador Román Fernández, Adolfo Vázquez Román, hros. de Luis Román, Herminia Román, hros. de Elías Román Fernández, hros. de Pilar Domínguez Méndez, hros. de José Lorenzo Feijóo, hros. de Antonio Guerrero González, hros. de José Lorenzo Veloso, hros. Josefa

Lorenzo Veloso, hros. de Ricardo Vázquez Pérez, José Vilachá, hros. de Benito Fernández Mera, hros. de Aquilino Mosquera, José González Fernández.

Sur: liña divisoria concello de Celanova, Benito Fernández Yáñez e irmáns de José Rodríguez Yáñez, hros. de José Lorenzo Veloso, Manuel Oliveira Estévez, Adelia Rodríguez M., hros. de Eliseo Rodríguez Martínez, hros. de Manuel Domínguez, Carmen Yáñez Fernández, Adolfo Pardo Vázquez, hros. de Francisco Mosquera, José Rodríguez Yáñez, Carmen Vázquez Fernández, hros. de Eloy Lorenzo, Pilar Veloso Lorenzo, hros. de Alfredo Feijóo, José Mosquera.

Leste: Pilar Domínguez Méndez, hros. de Eloy Mosquera Veloso, hros. de Ricardo Vázquez Pérez, Luis González Sousa, hros. de José Álvarez Lorenzo, hros. de Eloy Mosquera Feijóo, hros. Eliseo Rodríguez, Carmen Vázquez, hros. Eliseo Rodríguez, Carmen Vázquez González, hros. Consuelo Guerro Pérez, José Benito Feijóo, Carmen Vázquez, hros. de Alfredo Feijóo, Carmen Vázquez Fernández, José Rodríguez, Pilar Veloso Cerdeira, José Mosquera Yáñez, hros. de Eloy Lorenzo, José Rodíguez Yáñez, Carmen Vázquez Fernández, Alfredo Feijóo, Carmen Yáñez Fernández, Monte Iglesias Rubiás, Benito Fernández Yáñez e irmáns Carolina Pérez González e irmáns Camilo Salgado, hros. de Amador Rodríguez, irmáns de Aurora Domínguez.

Oeste: hros. de Antolín Salgado Domínguez, hros. de Manuel Román Fernández, hros. de Victoriano Lorenzo, hros. de Elías Román Fernández, hros. de Josefa Lorenzo Veloso, hros. de José Lorenzo Veloso, hros. de José Mera Domínguez, hros. de Pilar Lorenzo Veloso. Liña divisoria concello de Celanova (comunal de Carracedo).

* A Fraga.

Superficie: 85.642 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Vázquez Yáñez, José Benito Iglesias, María González Fernández, hros. de Edesio González Pérez, Eugenio Yáñez, Manuel Oliveira, José Vázquez Yáñez, María González Fernández, hros. de Edesio González, María González, hros. de Arturo Mosquera, María González Fernández.

Sur: hros. Clemente Fernández Cid, hros. Francisco Fernández, Julio Domínguez, hros. Cristalina Pérez Pardo, hros. Clemente Fernández Cid, Julio Domínguez Méndez, José Vázquez Pardo.

Leste: (Levada de Rubiás) hros. de Carolina Vázquez, Teresa Pérez C., Generosa Pérez Pérez, hros. de Jovita Vázquez Pardo, hros. Clemente Fernández Cid, Benito Salgado Seoane, hros. de José Seoane Pérez, hros. Edesio González Pérez, José Benito Iglesias, hros. de Crisanto Pérez Álvarez, José Benito Iglesias Feijóo, hros. Arturo Mosquera Domínguez.

Oeste: hros. de Manuel Román Fernández, hros. de José Santalices, hros. de Manuel Yáñez Fernández, hros. de Ramón Losada, hros. de Luis González, Manuel Oliveira, José Benito Salgado, José Vilachá, Carolina Pérez González e hros. de Clemente Fernández.

* Buratiño.

Superficie: 519 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: hros. de Manuel González.

Sur: río Tuño.

Leste: río Tuño.

Oeste: hros. de Luis Vilachá.

* Montetoro.

Superficie: 7.870 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: María Fernández Ríos e irmáns María González Fernández, hros. Gumersinda Pérez Méndez, Jesús Martínez González, hros. Manuel Vázquez Salgado.

Sur: Benito Fernández Yáñez e hna., Antonio Alonso Pérez, Benito Pérez Seoane, Carolina Pérez González e irmáns.

Leste: María Fernández Ríos e irmáns, María González Fernández, Jovita Mosquera Yáñez, Arturo Pulido, Benito Fernández Yáñez e irmáns, Josefa Román Yáñez.

Oeste: Carmen Vázquez, Manuel González Pardo, Carolina Pérez González e irmáns.

* Outeiriño.

Superficie: 12.114 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: hros. de Manuel González, Crisanto Pérez, Manuel Oliveira.

Sur: José Pérez González, María González Fernández, José Pérez González, Manuel Oliveira.

Leste: José Fernández Pérez, hros. José Álvarez, Generosa Vázquez, hros. de Enrique Vázquez.

Oeste: Manuel Fraga, hros. de Crisanto Pérez, María González, Carolina Pérez.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poida figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Ramirás, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 27 de febreiro de 2002.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense