A Delegación Provincial da Coruña, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.
c) Número de expediente: 14/2002.
2. Obxecto dos contratos.
a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.
b) División por lotes e números: un.
* Lote único: expediente 14/2002: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son, Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro.
c) Lugar de execución: campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son, Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro (A Coruña).
d) Prazo de execución: do 27 de xuño ata o 31 de agosto de 2002, ámbolos dous incluídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importes totais:
*8,50 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 9.180 prazas no campamento xuvenil Virxe de Loreto-Porto do Son, 8,50 euros/praza/día, IVE incluído ata un máximo de 6.450 prazas en Espiñeira-Boiro e 9,88 euros/praza/día, IVE incluído ata un máximo de 4.065 prazas no campamento xuvenil Furelos-Melide. Establécese un orzamento calculado de gasto de 173.017, 20 euros, IVE incluído, en función dun máximo de 19.695 prazas.
5. Garantías.
a) Definitiva: si (4% do importe de adxudicación).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.
b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.
c) Localidade: A Coruña-15006.
d) Teléfono: 981 18 57 00/18.
e) Telefax: 981 18 57 02.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1095.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: si (grupo M, subgrupos 1 e 6, categoría D).
8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares, e a indicada no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do
Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 18 57 02 ou telegrama no mesmo día.
2º Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.
3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.
c) Localidade: A Coruña.
d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 17 de abril de 2002.
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña