Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 188/01P e OU 197/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992 do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 2 de abril de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 188/01P.

Denunciado: Enrique Batlle Asensi.

DNI: 35094211Y.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. Diagonal, 421-4º, Barcelona.

Feito probado: pescar en luns non festivo, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Expediente: OU 197/01P.

Denunciado: Luis Pousa Blanco.

DNI: 34593259.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Leñeros, 8-3º D, Madrid.

Feito probado: pescar en luns, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.