Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede ó centro de formación Apagec a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de productos petrolíferos (PPL) das categorías IP-I e IP-II.

Examinada a solicitude e a documentación anexa, presentada por Juan María Pérez Argibay, en representación do centro de formación Apagec con CIF G-15553720 e domicilio na avda. de Lugo, nº 203 entreplanta de Santiago de Compostela, pola que solicitaba a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de PPL.

Feitos

Con data 31 de xaneiro de 2002, Juan María Pérez Argibay, en nome e representación do centro de formación Apagec, presentou escrito polo que solicitaba que lle fose concedida a cualificación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), e da Orde do 21 de novembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, pola que se regulan os procedementos para a obtención dos carnés profesionais e as autorizacións a empresas dedicadas á montaxe, mantemento e reparación de instalacións de productos petrolíferos.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada Orde do 27 de decembro.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo, e 2563/1982, do 24 de xullo; nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro; e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial e a demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Juan María Pérez Argibay acredita que o centro de formación Apagec cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle ó centro de formación Apagec a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención

dos carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos para as categorías IP-I e IP-II, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberáselles comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio das provincias onde se impartan os cursos, antes de inicialos, datas de inicio, programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-A entidade queda obrigada a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-O director xeral competente en materia de industria poderá, mediante resolución motivada, revoga-la autorización á dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000 (DOG do 16 de xaneiro de 2001).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas