Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Barranca e Santo Estevo, no concello de Barreiros. (Expediente 12/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

Características técnicas principais:

-Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Barranca e remate no C.T. proxectado

de Santo Estevo de 963 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

-Centro de transformación aéreo de intemperie de Santo Estevo de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220V.

-Rede de baixa tensión aérea de Santo Estevo de 1.920 m de lonxitude a 380/200 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

-Rede de baixa tensión aérea de Barranca 1.115 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

-Rede de baixa tensión aérea de Penacha de 340 m de lonxitude a 380/200 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións e anexo, nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 12/2001 A.T.Provincia: Lugo

L.M.T., A.C.T.I. Santo EstevoTermo municipal: Barreiros

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºSuperf.

ocupada

mLonx. mSuperf.

afectada

m

4MarticesPrJosé R. Otero PérezVilaframil nº 128 (Barreiros)

CP 27790

14246

9MarticesPrJulia Iglesias FernándezEntrerríos nº 17 (San Miguel)

CP 27793

18367

10MarticesPrJosé R. Franco RodríguezCortiñas nº 15 (Benquerencia)

CP 27792

07

11MarticesPrGeneroso Rodríguez LópezEntrerríos, nº 17 (San Miguel)

CP 27793

35679

19MarticesPrJosé R. García DíazNuestra Señora de la Luz,

nº 72, 6 E (Madrid) CP 28047

0195

20 BMarticesPrHortensia Dorado LarreaMirabel nº 3, 7 A (Madrid)

CP 28044

Nº: 4 (1)114232

31MarticesPrPablo Leandro Oroza

Vijande

Souto nº 9 (San Miguel)

CP 27793

38659

32MarticesPrJosé R. Franco RodríguezCortiñas nº 15 (Benquerencia)

CP 27792

20396

34MarticesPrJosefa Lorenzo FernándezVilaframil nº 128 (Barreiros)

CP 27790

150