Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 30 de abril de 2002 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2002 as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2000-2006.

Dentro do Programa Operativo Integrado 2000-2006, incluíronse as actuacións relativas á mellora da transformación e comercialización dos productos agrarios, baseadas nos Regulamentos (CE) 1257/1999, e (CE) 1750/1999. Na súa virtude, dentro do ámbito estatal, o Real decreto 117/2001, do 9 de febreiro, estableceu o marco normativo necesario para a xestión dos fondos que se achegaban para cofinanciar esta liña de actuacións.

En consecuencia, a Consellería de Agricultura, Gandería, e Política Agroalimentaria, dictou con data do 4 de xuño de 2001, a orde pola que se establecían as condicións de concesión deste tipo de axudas para o período 2000-2006, e se convocaban as correspondentes ó ano 2001, baseándose as súas condicións e elaboracións na antedita normativa comunitaria e estatal.

Con posterioridade confeccionouse o complemento do programa, segundo o disposto no artigo 9 do Regulamento (CE) 1260/1999, sen que a Comisión da Unión Europea mostrase desconformidade sobre este extremo, polo que foi necesario adapta-la orde xa publicada ó seu contido, dictándose consecuentemente con data do 20 de novembro de 2001, a orde pola que se modificaba a do 4 de xuño de 2001.

Na actualidade e co inicio do exercicio orzamentario 2002, procede polo tanto realiza-la convocatoria correspondente a este ano, manténdose en todo caso as condicións xerais establecidas na normativa base.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-la convocatoria para o exercicio orzamentario 2002, das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2000-2006, reguladas pola Orde do 4 de xuño de 2001 (DOG nº 113, do 12 de xuño), modificada pola Orde do 20 de novembro de 2001 (DOG nº 228, do 26 de novembro).

Artigo 2º.-Condicións e finalidade.

1. Para poder acceder a estas axudas para os investimentos en transformación e comercialización, deberanse cumpri-los requisitos establecidos na Orde do 4 de xuño de 2001.

2. Estas axudas teñen por finalidade contribuír ós investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de productos agrarios.

Artigo 3º.-Solicitudes.

1. As solicitudes, documentación e procedemento de xestión das axudas serán os establecidos con carácter xeral na Orde do 4 de xuño de 2001, modificada pola Orde do 20 de novembro de 2001, salvo o modelo de solicitude (anexo A) que é substituído polo incluído nesta orde. Para poder acollerse a esta convocatoria, as solicitudes de axuda deben estar presentadas antes do 1 de xullo de 2002, tal como se recolle na Orde do 4 de xuño de 2001.

2. Para acreditar estar ó corrente nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda), o solicitante poderá optar por acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) para solicita-la expedición do certificado xustificativo correspondente, ou ben por autoriza-la Xunta de Galicia para que o solicite por vía informática. Neste último caso deberá cubri-la autorización que figura como anexo B a esta orde, e entregala co resto da documentación no momento de face-la solicitude de axuda.

Artigo 4º.-Financiamento.

Para facer fronte ás obrigas derivadas desta convocatoria, a concesión e pagamento das axudas no ano 2002 efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.713A.770.0, dotada inicialmente con 17.698.130,79 euros, dos orzamentos prorrogados de gastos da Comunidade Autónoma para 2002, así como con cargo ós remanentes incorporados de anos anteriores no mesmo concepto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO