Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se establecen as tarifas de referencia nos servicios de transporte regular de uso especial.

Coa publicación da Orde do 28 de abril de 1999 (DOG nº 96, do 21 de maio) estableceuse un marco xeral para posterior concreción mediante o dictado dunha resolución da Dirección Xeral de Transportes das tarifas de referencia dos servicios de transporte regular de uso especial.

No dito marco legal manifestábase como un dos obxectivos a acada-la determinación dunhas tarifas de referencia que correspondan ós custos medios dunha empresa xestionada coa dilixencia esixible, e que supoñan a súa aplicación ou un mecanismo o suficientemente efectivo para evita-las fraudes de lei e os abusos de dereito que se detectan no sector do transporte regular especial a través da baixada

artificial e fraudulenta do prezo nominal dos servicios co obxecto de evita-lo exercicio de dereitos de preferencia dos empresarios que o teñen.

Esta precaución resulta innecesaria no ámbito da contratación de transporte escolar levada a cabo pola Consellería de Educación, polo que a referida orde xa exceptuou a súa aplicación ós contratos formalizados pola dita consellería.

Consecuentemente, a presente resolución non alcanza ós ditos contratos o que resulta razoable, en primeiro lugar porque o seu obxectivo é establecer criterios de racionalidade económica no ámbito dos contratos negociados individualmente que son aqueles nos que existen máis posibilidades de acordar prezos non só inadecuados para o prestatario senón que produzan distorsións no mercado do transporte, ben sexa por descoñecemento do operador ou por unha estratexia comercial consciente do que se coñece como venda a perda.

En segundo lugar porque este tipo de negociación é máis proclive a crear situacións de desequilibrio entre o contratante do servicio e o operador do transporte que, normalmente, estea nunha situación de clara desvantaxe fronte ó demandante do servicio.

A dinámica da contratación do transporte escolar pola Consellería de Educación adoita caracteres opostos. Mesmo se o servicio é obxecto dun procedemento contractual independente, sempre se enmarca nun proceso xeral no que as liñas directrices son consensuadas pola consellería e polas asociacións profesionais de transportistas.

Por isto e dado que o dito proceso implica un estudio xeral dos parámetros xerais de contratación se evitan os dous riscos anteriormente sinalados: as posicións de desequilibrio do operador de transporte e as tarifas excesivamente baixas por mor de prácticas contrarias á competencia leal.

Cabe recordar neste sentido que xa con anterioridade se estableceu unha dualidade na normativa reguladora do transporte escolar ó establecerse polo decreto un réxime distinto para a regulación do dereito de preferencia na contratación efectuada pola Consellería de Educación, o que é especialmente significativo tendo en conta que a dita cuestión é unha das mais relevantes entre as contempladas polo decreto regulador deste tipo de transporte.

Por iso, unha vez efectuados os estudios pertinentes sobre os custos medios de explotación, nos que se contemplaron tanto os custos fixos como os variables e o beneficio industrial da empresa, tomando como base un autocar de máis de 35 plazas e que o curso escolar dura ó redor a 172 días, tendo en conta as conseguintes modificacións que sobre a tarifa xeral debe efectuarse en virtude da diferente capacidade dos vehículos así como a clase de servicio que se vai realizar en función da duración da prestación deste ou do número de expedicións.

Na súa virtude, oídas as asociacións representadas no Comité Galego de Transportes, ó amparo do disposto no artigo 3 da Orde do 28 de abril de 1999 pola que se regulan as tarifas de referencia para os transportes regulares de uso especial, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 38/1999, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

RESOLVO:

Primeiro.-Apróbanse as tarifas de referencia do transporte regular de uso especial de Galicia, considerando que se trata dunha tarifa diaria, polo que o prezo total do servicio virá determinado polo número de días de prestación efectiva.

Segundo.-As contías expresadas refírense ó suposto de vehículos que durante un día prestasen tan só os servicios determinados no cadro contido no punto terceiro.

Terceiro.-O cadro tarifario que a continuación se detalla contempla separadamente o tipo de vehículo segundo a súa capacidade, e o tipo de servicio que vai realizar.

Tipo vehículo

Tipo contrato

OrdinariaIIIIII

Ordinario28.000

ptas./día

25.200

ptas./día

18.200

ptas./día

15.960

ptas./día

a33.600

ptas./día

30.240

ptas./día

21.840

ptas./día

19.152

ptas./día

b44.800

ptas./día

40.320

ptas./día

29.120

ptas./día

25.536

ptas./día

c56.000

ptas./día

50.400

ptas./día

36.400

ptas./día

31.920

ptas./día

Tipo de servicio:

Ordinario: unha entrada e unha saída do centro escolar ou de traballo.

A: inclúe ademais do anterior, un servicio de mediodía ou dobraxe.

B: dous servicios ordinarios (4 horas).

C: tres servicios ordinarios (6 horas).

Tipo de vehículo:

Ordinario: de máis de 34 prazas.

I: entre 20 e 34 prazas.

II: entre 13 e 19 prazas.

III: entre 5 e 12 prazas.

Cuarto.-As tarifas mínimas reflectidas no punto segundo non inclúen o imposto sobre o valor engadido nin os custos de acompañante cando, ben por imposición legal ou por elección do contratante do servicio, o transportista deba facerse cargo desta prestación adicional.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes