Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002 pola que se anula a convocatoria do contrato para a organización do seminario interministerial Diálogo Euro Latino Americano.

No DOG nº 82, do 29 de abril de 2002, publicábase a convocatoria dun contrato de servicios consistente na organización do seminario interministerial Diálogo Euro Latino Americano.

O pasado 26 de abril de 2002 entrou en vigor o Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, que establece na súa disposición transitoria única que os expedientes de contratación iniciados e os contratos adxudicados con anterioridade á entrada en vigor do presente regulamento se rexerán pola normativa anterior. Para estes efectos entenderase que os expedientes de contratación foron iniciados se estivese publicada a correspondente convocatoria de licitación do contrato.

Dado que o citado contrato non se atopa en ningún dos supostos anteriormente citados,

RESOLVO:

Anula-la convocatoria do contrato para a organización do seminario interministerial Diálogo Euro Latino Americano, publicada no DOG nº 82, do 29 de abril de 2002, por mor da súa adaptación ó Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo