Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1/2002 (3 lotes), por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de diverso material funxible.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración sucesiva de diverso material funxible.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 114.473 A (IVE incluído), (cento catorce mil catrocentos setenta e tres euros).

Garantía provisional: 2.289,46 A (dous mil douscentos oitenta e nove euros e corenta e seis céntimos).

-Lote 1: rolos de papel para padiola.

Orzamento: 45.153 A (corenta e cinco mil cento cincuenta e tres euros).

Garantía provisional: 903,06 A (novecentos tres euros e seis céntimos).

-Lote 2: electrodos rexeitables.

Orzamento: 33.800 A (trinta e tres mil oitocentos euros).

Garantía provisional: 676 A (seiscentos setenta e seis euros).

-Lote 3: luvas látex.

Orzamento: 35.520 A (trinta e cinco mil cincocentos vinte euros).

Garantía provisional: 710,40 A (setecentos dez euros e corenta céntimos).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a seguir se especifican:

1. Prezo: ata 30 puntos.

2. Calidade: ata 60 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito en r/ Pasteur, nº 22 (pol. da Grela), 15008 A Coruña, teléfono: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ General Sir John Moore, nº 2, planta segunda, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, na rúa General Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de abril de 2002.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol