Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de abril de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, unha vez intentada a notificacion á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se notifican resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-1-CD/79, conta 236).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírtese ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da Comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte, ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de abril de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Ramón Aller Rivero.

Expediente C-1-CD/79 (Desafiuzamento F.P. 128/01).

Conta 236.

O Birloque, bloque 6, P-6, 9º D (A Coruña).

Importe débeda: 10.092,28 euros.