Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2002 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados polo procedemento de concurso aberto, os seguintes contratos:

1) Título: construcción de 44 vivendas, garaxes, locais e rochos en Orillamar. A Coruña. Exp.: C-2000/020.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data resolución de adxudicación: 11-2-2002.

-Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

-Importe: 2.426.436,12 euros (IVE incluído).

2) Título: urbanización do SUNP 9 Belvís. Santiago de Compostela. Exp.: C-2001/URB 03.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data resolución de adxudicación: 12-2-2002.

-Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

-Importe: 2.432.356,09 euros (IVE incluído).

3) Título: terminación da obra de construcción de 30 vivendas, garaxes e rochos en Cospeito. Lugo. Exp.: LU-2001/020.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data resolución de adxudicación: 5-4-2002.

-Adxudicatario: Construcciones Naray, S.L.

-Importe: 1.347.322,71 euros, (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2002.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo