Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu Regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 21-11-2001.

Obxecto: construcción de nave para almacén de embarcacións para deportes de remo.

Porto: Cabo de Cruz.

Adxudicatario: Club de Remo de Cabo de Cruz.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 28-11-2001.

Obxecto: ocupación e utilización das instalacións da fábrica de xeo para a prestación do servicio de subministración de xeo.

Porto: Tragove.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 7-3-2002.

Obxecto: ocupación dunha superficie para a instalación dunha liña eléctrica de media tensión en canalización propiedade de Portos de Galicia para o subministración da nova lonxa.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Prazo: 5 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente publico Portos de Galicia