Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002 pola que se fai pública a Cédula do 17 de abril deste ano pola que se notifica a incoación do expediente sancionador coa clave 04/2002, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalarán a seguir, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello da Coruña, a incoación do expediente sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de Portos do Estado e da Mariña Mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia ou á exposición no taboleiro de edictos do Concello da Coruña, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sito na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo, DOG nº 228, do 28 de novembro), e, en virtude do disposto na resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 15 de febreiro de 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídco das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

Expediente: Sanc 04/2002.

Matrícula: C-9635-BV.

Denunciante: celador do porto de Ribeira.

Denunciado: Alfredo Fernández Jiménez.

Último enderezo coñecido: Casablanca, 16. 15006 A Coruña.

Feito denunciado: estacionamento sobre carril de circulación e con sinal prohibitiva vertical.

Data: 18-10-2001.

Hora: 12.15.

Porto: Ribeira.

Precepto infrinxido: art. 114.1º a) Lei 27/1992. Art. 17 O.M. 12-6-1976.

Precepto sancionador: art. 120 Lei 27/1992.

Sanción proposta: 180,3 euros.