Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002 pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contrato administrativo de execución de obras no porto de Ribeira.

O presidente, en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de

creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-la obra:

A) Instalación de barreiras para control de acceso de vehículos no porto de Ribeira.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número do expediente: CO-12-18-02-01.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: instalación de barreiras para control de acceso a vehículos no porto de Ribeira.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

1. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento negociado sen publicidade.

2. Orzamento base de licitación.

56.819,15 euros.

3. Adxudicación.

a) Data: 7 de marzo de 2002.

b) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 54.773,66 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia