Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación da contratación por procedemento negociado e tramitación ordinaria para o outorgamento de xestión de servicio público na modalidade de concesión de explotación das instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira. (Expediente 12-02-01-C1).

O presidente de Portos de Galicia acordou, por Resolución do 11 de marzo de 2002, en virtude das competencias que lle confire o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, a adxudicación da contratación por procedemento negociado e tramitación ordinaria para o outorgamento de xestión de servicio público na modalidade de concesión de explotación das instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueira, autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público portuario dependente de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais.

c) Número de expediente: clave: 12-02-01-C1.

2. Obxecto do procedemento negociado.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento negociado é o outorgamento da concesión de explotación das instalacións náutico-recreativas no porto de Ortigueira.

b) Lugar da concesión: porto de Ortigueira. Concello de Ortigueira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

c) Forma: sen publicidade.

4. Canon de explotación: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Definitiva: 3.005,06 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6ª, Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15007.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Fax: 981 54 53 24.

7. Adxudicación.

a) Data: 11 de marzo de 2002.

b) Adxudicatario: Club Náutico Ortigueira.

c) Nacionalidade: española.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia