A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.
c) Número de expediente: 17/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: restauración e limpeza do campamento xuvenil Illa de Ons.
b) Division por lotes e número: lote 2.
c) Lugar de execución: Bueu (Pontevedra).
d) Prazo de execución: desde 1-7-2002 ata o 31-8-2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 9,62 A/praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 82.972,50 A, IVE incluído, en función dun máximo de 8.625 prazas.
5. Garantías: .
Provisional: non se esixe.
Definitiva: si (4% do importe de adxudicación).
6. Obtención de documentación e información.
1º Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.
a) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.
b) Localidade e código postal: 36201 Vigo.
c) Teléfono: 986 81 70 54.
d) Fax: 986 81 70 43.
e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1160.
7. Requisitos específicos do/da contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: non se esixen.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 8 (oito) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.
2ª Enderezo: r / Concepción Arenal, 8.
3ª Localidade e código postal: 36201 Vigo.
Ou por calquera das formas previstas no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama, no mesmo día.
d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta:
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.
c) Localidade: Vigo.
d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.
e) Hora: 10 h.
10. Outras informacións.
11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do/da adxudicatario/a.
Vigo, 26 de abril de 2002.
P.D. (Orden 19-1-1998)
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra