Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de restauración e limpeza dos campamentos xuvenís As Sinas en Vilanova de Arousa e Illas Cíes en Vigo.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 16/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: restauración e limpeza dos campamentos xuvenís As Sinas e Illas Cíes.

b) Division por lotes e número: lote 1.

c) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.

As Sinas en Vilanova de Arousa e Illas Cíes en Vigo.

d) Prazo de execución: .

As Sinas desde o 15-6-2002 ata o 31-8-2002.

Illas Cíes desde o 1-7-2002 ata 31-8-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: total 114.683,70 A, IVE incluído.

Campamento xuvenil As Sinas -importe total: 9,02 A/praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 93.221,70 A, IVE incluído, en función dun máximo de 10.335 prazas.

Campamento xuvenil Illas Cíes -importe total: 10,22 A, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 21.462 A, IVE incluído, en función dun máximo de 2.100 prazas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si (4% do importe de adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

1º Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.

b) Localidade e código postal: 36201 Vigo.

c) Teléfono: 986 81 70 54.

d) Fax: 986 81 70 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, excepto sábados, dende as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1158.

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 (oito) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2ª Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8.

3ª Localidade e código postal: 36201 Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama, no mesmo día.

d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: delegación provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 h.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do/da adxudicatario/a do contrato.

Vigo, 26 de abril de 2002.

P.D. (Orden 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra