Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Defensa Vegetal Hortaflor Deza-Tabeirós.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Defensa Vegetal Hortaflor Deza-Tabeirós, que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: concellos da Estrada e Silleda.

Profesional: explotacións de horta e flor dos citados concellos.

Asinan a acta de constitución: Manuel Touceda Barros e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 23 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE