Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 609/2001.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoo que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001.

Expediente nº: 609/2001.

Acta nº: 947/2001.

Titular: Francesco e Mónica, S.L.

NIF/DNI: B-15617269.

Enderezo: Paseo de Ronda, 30, baixo. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data: 23-1-2002.

Sanción: 1.503,13 A.

A Coruña, 5 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña