Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas Mercantiles del Centro Comercial Plaza E.

De conformidade co disposto no artigo 4º do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas Mercantiles del Centro Comercial Plaza E, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: tódalas empresas mercantís ou comerciantes individuais que teñan establecemento aberto no Centro Comercial Plaza E.

Asinan a acta de constitución: Juan Francisco Mañas Gómez e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo