Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo P-41/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, ó que non se lle puido facer por correo certificado, a proposta de resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de xogo, o seu número cítase a seguir:

Nome: José Antonio Costas Simón.

DNI/NIF:

Nº expediente: P-41/2001.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) Lei 14/1985, de xogo de Galicia.

Último domicilio: avd. de Castrelos nº 446, Vigo.

Proposta de sancións: 601,13 euros.

O interesado disporá dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Interior desta delegación provincial, e porá achegar cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 2 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra