Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (119/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 119/2002, seguidos por instancia de Miguel Cintado Yáñez e outros contra Rediscarta Galicia, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 5-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando en parte a demanda interposta por Miguel Cintado Yáñez, Verónica Andrea Muñoz Díaz e Walter Alfredo Múñoz Santis, contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento dos actores, e extinguida a relación laboral, condenando a dita demandada a que lles faga o pagamento polo concepto de indemnización das seguintes cantidades: a Miguel Cintado Yáñez 674,56 euros, a Verónica Andrea Muñoz Díaz 1.186,60 euros e a Walter Alfredo Muñoz Santis 1.018 euros, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, 21 de xaneiro do 2002, ata a da notificación da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social

do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Rediscarta Galicia, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Agra de Bragua, 49 baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 5 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado