Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.761

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (508/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 508/2001 seguidos por instancia de Manuel Ambite Seijido contra INSS e outro sobre invalidez, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey

Eibe, dictou sentencia, na data do 30-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando en parte a demanda interposta por Manuel Ambite Seijido, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Alcatel Standard Eléctrica, S.A., debo declarar e declaro que o dito demandante se atopa en situación de invalidez permanente total, condenando ó INSS a un novo cálculo da base reguladora conforme o feito probado quinto, condenando ó INSS e Alcatel Standard Eléctrica, S.A. a estar e pasar por tal declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Alcatel Estandar Eléctrica, S.A., que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono Sabón da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado