Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (696/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 696/2001 seguidos por instancia de María Soledad Carballo Salvado contra o Sergas e outros sobre alta, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data do 14-2-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que desestimando a demanda interposta por María Soledad Carballo Salvado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua Fremap, o Servicio Galego de Saúde e a empresa Los Superbocados, S.L., debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos exigidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Los Superbocados, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ San Isidoro, 52, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 8 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado