Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde desde concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indican, exponse ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúncianse o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora: organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución: centro multiusos municipal de Goián (5ª fase) cun orzamento de 210.353,03 A (non se admiten baixas) e un prazo de execución de oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 8.414,12 A.

5. Obtención de documentación e información: secretaría do concello, praza do Calvo Sotelo, 1, 36740 Tomiño; (teléfono 986 62 20 01/ fax 986 62 25 30), ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos dos contratistas: clasificación: grupo C, subgrupos 4, 5, 6, 7, 8, 9 e categoría c e os restantes requisitos e criterios de selección especificados nos respectivos pregos.

7. Presentación das ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos.

9. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 25 de abril de 2002.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde