Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial dos estatutos da entidade urbanística de conservación dos cuarteiróns X e Y das UE 1 e 2 do PERI I-05 Hispanidade-aba do Castro.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de marzo de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos das entidades urbanísticas colaboradoras de conservación dos cuarteiróns X e Y das unidades de execución I e II do PERI I-07 Hispanidade-aba do Castro.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación do acordo no DOG, e dos estatutos, coas correccións sinaladas no acordo, no BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días, contados desde o último anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 3 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo