Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOBRADO

ANUNCIO sobre adopción de escudo heráldico municipal.

O Concello de Sobrado anuncia a exposición ó público polo prazo dun mes, do acordo de aprobación do escudo heráldico deste concello. O devandito acordo foi adoptado polo Pleno da Corporación na sesión do día 26 de marzo de 2002.

Durante o período de exposición ó público, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente co obxecto de presenta-las suxestións, alegacións e reclamacións que coiden oportunas.

Sobrado, 2 de abril de 2002.

Xacobo Fernández García

Alcalde