Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se modifican as resolucións, do 16 de abril de 2002 correspondente á subministración de material destinado ó Plan de Salvamento en Praias de Galicia, Resolución do 22 de abril de 2002 correspondente á redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio do Xulgado de Arzúa (A Coruña), Resolución do 25 de abril de 2002 correspondente á redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra e Resolución do 25 de abril de 2002 correspondente á redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Lugo, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 81, do 26 de abril de 2002, para a adaptación dos seus pregos de cláusulas administrativas particulares ó regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, con entrada en vigor o 26 de abril de 2002, abríndose novo prazo de licitación e deixando sen efecto os anteriores.

Poderá obterse información sobre a documentación e pregos no seguinte enderezo:

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17/981 54 47 32.

e) Telefax: 981 54 46 96.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los novos pregos relativos á contratación respectiva no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais