Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ANUNCIO do 3 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, polo que se fai pública a corrección de erros do prego de prescricións técnicas do concurso convocado por Resolución do 22 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 82, do 29 de abril).

Advertida a omisión de diversos elementos que hai que subministrar, dentro do prezo do contrato, no prego de prescricións técnicas lote 2 do expediente de contratación da subministración do equipamento do centro de educación especial Santiago Apóstolo (C8/2002), cómpre realiza-la oportuna corrección:

Declarar incluídos no lote 2 os elementos omitidos, advertíndolles ós posibles licitadores que o prego de prescricións técnicas estará á súa disposición na Consellería de Asuntos Sociais e na Internet (www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1136).

Así mesmo, o prazo de presentación de ofertas rematará ás 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais