Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/74).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castrelo.

Situación: Pontedeume.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV de 96 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Vilanova, subestación Pedrido, entre os CC.TT. Vizus e depuradora e final no C.T. aéreo de Castrelo-Centroña de 100 kVA e empate á baixa tensión, no termo municipal de Pontedeume.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 74/2002Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. CastreloTermo municipal: Pontedeume

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2MontillosMonte baixoMª Asunción López AnidoAvda. Luis Montoto, 134, 2º A

41007 Sevilla

œ 0 -Œ 1.1,550400

3MontillosPradoFrancisco Allegue Fernández e Hnos.R/ Torreón, 10

15600 Pontedeume

œ 1-C.T.746736

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS