Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.606

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (122/2001-A).

María Escribano Silva, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete dos da Coruña e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo verbal arrendaticio que co número 122/2001-A se seguen neste xulgado, entre as partes que se dirán, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o once de marzo de dous mil dous. Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete dos da Coruña e o seu partido, María Escribano Silva, estes autos de xuízo verbal arrendaticio que co número 122/2001-A se segue perante este xulgado por instancia de Begoña Calvo Orosa, na súa calidade de administradora do inmoble que pola súa vez actúa en nome de María Josefa Fraga Fernández-Cuevas, María Jesús Fraga Fernández-Cuevas e Enrique Fraga Fernández-Cuevas representado pola procuradora Pando Caracena e asistido do letrado Calvo Orosa, contra Laboratorios Ausonia, S.A., con domicilio nesta cidade, avenida Xeneral Primo de Rivera nº 4, piso 2º, local nº 2, declarado en rebeldía en primeira instancia dictouse en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Begoña Calvo Orosa, na súa calidade de administradora do inmoble e que pola súa vez actúa en nome de Mª Josefa, Mª Jesús e Enrique Fraga Fernández-Cuevas contra Laboratorios Ausonia, S.A. en rebeldía nos autos. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que existía sobre o local sito na avenida Primo de Rivera nº 4, piso 2º departamento nº 2 desta cidade, por falta de pagamento das rendas pactadas, e consecuentemente, que debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento da entidade demandada do citado local, condenándoa a facer entrega deste no prazo legal establecido, se non o fixer procederase ó seu lanzamento. Con imposición das custas á parte demandada.

E para que así conste e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia (DOG), para que sirva de notificación á demandada rebelde Laboratorios Ausonia, á que se lle fai saber que conforme o disposto no artigo 457 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, dentro do prazo de cinco días contados desde o día seguinte á notificación poderá presentar perante este xulgado escrito de preparación da apelación. Ós demandados non se lles admitirá o recurso de apelación, se ó preparalo, non manifestan acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deban pagar adiantadas, expido e asino este edicto na Coruña o once de marzo de dous mil dous».

A maxistrada xuízaA secretaria

RubricadoRubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA