Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.605

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncian os lugares onde estarán á disposición dos interesados os anexos III do concurso de traslados convocado por Resolución do 19 de decembro de 2001, para cubrir prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

De conformidade co establecido na base VI da Resolución do 19-12-2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anunciou concurso de traslados para cubrir prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza (BOE e DOG do 27-12-2001), anúnciase que os lugares onde estarán expostos os anexos III cos datos persoais dos interesados, a baremación, os destinos solicitados e a praza adxudicada provisionalmente será, nesta Comunidade Autónoma, a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Audiencias Provinciais, Xerencia Territorial de Xustiza e nesta dirección xeral. Así mesmo, poderán consultar tamén os devanditos anexos na páxina web do Ministerio de Xustiza: www.mju.es ou na da Xunta de Galicia: www.xunta.es/conselle/xi/dirxerxustiza.

Os funcionarios interesados expresarán no prazo de dez días naturais a súa desconformidade cos datos que figuran no devandito anexo III, para o que deberán solicita-la súa corrección mediante o anexo IV (modelo de alegacións), publicado no BOE/DOG do 27-12-2001, achegando a proba documental opor

tuna e fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, de acordo co establecido no artígo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O modelo de alegacións e documentación que se xunte, de se-lo caso, remitirase da seguinte forma:

-Aqueles funcionarios que presentaron a súa instancia no modelo V-1, remitirán, a través de fax, as reclamacións ó mesmo lugar onde presentaron a súa instancia de participación en concurso. Os números de fax para esta Comunidade Autónoma son: Servicio de Xerencia Territorial 981 24 66 17 e Dirección Xeral de Xustiza 981 54 62 27.

-Aqueles funcionarios que presentaron a súa instancia en modelos V-2 e V-3, remitirán as reclamacións ó Ministerio de Xustiza, a través dos fax números 91 390 42 95-91 390 42 96 e 91 390 20 60.

De non reclamaren no prazo establecido, entenderase que mostran a súa conformidade e aceptación dos datos contidos, da súa baremación e o destino provisionalmente adxudicado.

Ó tratarse dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva, como consecuencia dos erros que poidan producirse na baremación das instancias. En calquera caso, os destinos adxudicados provisionalmente non supoñen dereito ou expectativa de dereito respecto á resolución definitiva do concurso.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza