Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.474

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de abril de 2002 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e regula no seu artigo cuarto a composición, e no artigo quinto o procedemento de nomeamento e cesamento dos membros deste órgano.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o artigo 5 e a disposición derradeira primeira do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos,

DISPOÑO:

Artigo único.-O nomeamento como vocal suplente do Consello Galego de Cooperativas, en representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, de Eduardo Suárez Campo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA