Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.474

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 158/2002, do 6 de maio, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia.

Os páragrafos 1º c) e 1º d) do artigo 14 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei de Galicia 15/1992, do 30 de decembro, establecen que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vocais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e por catro vocais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como o presidente do Parlamento de Galicia, mediante cadanseu escrito dirixido a esta Presidencia, comunican os vocais designados en virtude do artigo 14.1º c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia.

Polo exposto, e en cumprimento do disposto no artigo 15.1º da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Por proposta do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, noméanse vocais da Xunta Electoral de Galicia os maxistrados do dito tribunal que a seguir se indican:

Juan Carlos Trillo Alonso.

Francisco Javier D'Amorín Viéitez.

Juan Luis Martínez López.

Antonio Jesús Outeiriño Fuente.

Artigo 2º

Por proposta do presidente do Parlamento de Galicia, nomeánse vocais da Xunta Electoral de Galicia os profesores que a seguir se indican:

Antonio Xabier Ferreira Fernández.

Ángel Gómez-Iglesias Casal.

Jesús Martínez Girón.

José Antonio Portero Molina.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS