Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 18 de marzo de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 4 (UA-4) do PERI-7 da Ponte Pedriña, promovido pola xunta de compensación.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo