Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de iniciativa privada presentado e promovido por José Novo López, con domicilio na avda. do Brasil, nº 51-1º dta. (Santa Comba), para o desenvolvemento

da área de repartición 16 (PNC-16) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito na rúa Pepe Xan Baña, s/n, Santa Comba, redactado polos arquitectos, Antonio Sabucedo Costa e José Antonio Padrón Conde.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou desta Administración, conforme a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117), no prazo dun mes, contado así mesmo desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santa Comba, 8 de abril de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde