Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: código do proxecto: 02-2100-0409.0.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de limpeza, recalzamento e pavimentación de acceso ó núcleo de Castiñeira desde O Sisto.

b) División por lotes e números: non se recolle.

c) Lugar de execución: termo municipal de Vimianzo, parroquias de Baíñas e Cambeda.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total (impostos e demais custos imputables ó adxudicatario incluídos): 77.413,89 A.

5. Garantía provisional.

2% do tipo de licitación: 1.548,28 A.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Enderezo: praza do Concello, nº 6.

c) Localidade e código postal: Vimianzo, 15129.

d) Teléfono: 981 71 60 01-981 71 60 26.

e) Fax: 981 71 66 50.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: non se esixe, consonte o previsto no artigo 25 do TRLCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos e polos medios previstos no artigo 16 (solvencia técnica) do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde a última das publicacións do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentos que hai que presentar: os enumerados na base número 12 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares que deben rexer para a contratación por concurso, aprobado pola deputación provincial e publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Vimianzo.

2º Enderezo: praza do Concello, nº 6.

3º Localidade e código postal: Vimianzo, 15129.

d) Prazo durante o que o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: un mes e medio contado desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Domicilio: praza do Concello, nº 6.

c) Localidade: Vimianzo.

d) Data: o día hábil posterior ó da data na que remite o prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; neste caso trasládase ó primeiro luns hábil posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Outra información.

Negociado de Secretaría en horas de oficina (981 71 60 01).

11. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio e demais custos, incluído, se é o caso, o cartel anunciador da obra, serán por conta da empresa adxudicataria.

O que se fai público para xeral coñecemento, sinalando que se publica no BOP ou anexo IV ó prego sobre criterios de valoración na modalidade opción B.

Vimianzo, 23 de abril de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde