Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.382

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de marzo de 2002 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado San Pelayo de Santiago de Compostela (A Coruña), para impartir educación secundaria obrigatoria, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado San Pelayo de Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Resultando que o mencionado centro contaba con autorización definitiva para imparti-las antigas ensi

nanzas de preescolar, educación xeral básica e bacharelato-COU segundo as ordes do 6 de outubro de 1992, 25 de febreiro de 1982 e 14 de novembro de 1978 respectivamente.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que segundo a disposición transitoria segunda e terceira do Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, establece que os centros que contan con autorización definitiva para impartir educación preescolar, educación xeral básica así como homologación

para impartir bacharelato, entenderanse autorizados para impartir educación infantil, educación primaria e bacharelato das modalidades de humanidades e ciencias sociais e ciencias da natureza e da saúde.

Polo anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Pelayo de Santiago de Compostela (A Coruña) para impartir educación secundaria obrigatoria, e establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.- Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: Virxe da Cerca, 15-17.

Código do centro: 15015482.

Denominación: centro privado San Pelayo.

Titular: Emma González Martínez.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; e humanidades e ciencias sociais.